22 de dec. de 2013

CABALGATA DE REISES

O vindeiro Domingo día 5 de Xaneiro do 2014 estaremos acompañando xunto con todo-los nenos das Pontes ós REISES MAGOS, a partir das 17,00 horas.




30 de xul. de 2013

FESTA EN MARRAXÓN

O día 15 de setembro o grupo de música tradicional OS TREVILLAS tocaremos a procesión en Marraxón na Honra da Virxe dos Remedios, e despois tocaremos unhas pezas antes da sesión vermouth, que estará amenizada polo duo Venus


8 de xul. de 2013

FESTAS DO CARMIO E A FRAGA

O luns 22 ás 11.00h. faremos un pasarrúas con saída de avda de rosalía de castro- rego do muiño-veigas ata casilla- volta polas veigas ata mondeo - eume(lar)- veigas, concepcion arenal- mªpita- baixar ata piscina- avda de galicia e rosalía de castro con rúas principais do centro.
FESTAS DO CARME 2013 OS TREVILLAS





19 de xuño de 2013

SANTA PALLETA

O sábado 15 de Xuño homaxeamos a que a partir de agora será a verdadeira patroa dos Gaiteiros das Pontes, un día inesquencible para todo-los gaiteiros das Pontes.



si queredes ver máis fotos, podedelas ver en
http://nocombaro.wordpress.com/2013/06/16/fotos-santa-palleta/

23 de maio de 2013

PROCESIÓN NA FAEIRA

O Domingo 26 de maio, tocaremos a procesión en honor a Sta Fátima, as 17,00 horas na Faeira


14 de maio de 2013

1ª FOLIADA SANTA PALLETA


O colectivo de grupos tradicionais de As Pontes estamos a organizar unha Gran Foliada para o 15 de Xuño e para elo contamos con vos: Cantarei@s, Bailador@s, Gaiteir@s, Pandereteir@s, etc. etc. etc.
Estimad@ amig@:

Poñémonos en contacto contigo para presentarche e invitarche á que decidimos denominar  foliada de SANTA PALLETA coa que os grupos de música tradicional de As Pontes queremos poñer un peche de ouro a esta tempada de foliadas, que iniciamos en setembro do 2012 e finalizaremos este mes de maio (e xa van 7 tempadas!!). A idea, como no podía ser doutro xeito, é tentar perpetuar no tempo a SANTA PALLETA ó final de cada tempada de foliadas.

¿CANDO E ONDE?
SANTA PALLETA celebrarase o SÁBADO 15 DE XUÑO no recinto exterior da cafetería LAR, onde, confiando nunha climatoloxía favorable, instalaremos todo o preciso para disfrutar da música do país:
-  Unha tarima para que os grupos podan actuar cómodamente.
- Equipo de son e microfonía básico.
- Barra de bar exterior.
- Pulpeira.
- E ademáis... sorteos de kits de palletas do mestre palleteiro pontés Jaime Pena.

A tarima para as actuacións e torreiro para o baile ubicarase nunha ampla zoa de céspede, moi cómoda e práctica para facer a festa.
En caso de que chova, SANTA PALLETA trasladarase ó interior da cafetería LAR, ó mesmo lugar onde se fan habitualmente as foliadas.

¿COMO PARTICIPAR?
O formato de SANTA PALLETA será o de facer actuacións dende as 21:00, cunha duración aproximada de 15 minutos cada unha delas. Non haberá límite de grupos, e faranse as voltas que sexan precisas ás intervencións dos grupos.
Calquer colectivo interesado en participar deberá de mandar un correo a santapalleta@gmail.com  pedindo a súa inclusión no programa da foliada, e facilitando o nome e o teléfono dunha persoa de contacto. Posteriormente a organización poñerase novamente en contacto con cada grupo indicarlle a súa hora de actuación.

Para os grupos que veñan de fora de As Pontes e queiran aproveitar toda a noite de SANTA PALLETA dispoñeremos dunha zoa de acampada e duchas nas inmediacións da cafetería LAR, no campo de tiro con arco.

Con todo esto, festeiros e festeiras, bailadores e bailadoras, non tedes excusa. Agardamos por vos, así que ide mandando dende xa as vosas inscripcións e de paso preparando zapato cómodo para unha noite que se antolla moi longa. Vémonos o 15 de Xuño na SANTA PALLETA en As Pontes.
... Ah! e se aínda vos queda algunha dúbida, podédenola consultar no correo da foliada que vos indicamos máis arriba:santapalleta@gmail.com

Saúde e festa! 
Santa palleta.jpgSanta palleta.jpg
184 kb   Ver   Descargar  

SAN PEDRO DE EUME

O vindeiro 1 de Xuño do 2013, estaremos en San Pedro de Eume, amenizando a festa en honor a San Pedro, acompañados de boa Xente e divertida, pasaremolo moi ben.





A NOSA HISTORIA


OS COMEZOS

Uns amigos de As Pontes, ós que nos gustaba a música, comezamos a aprender a tocar a flauta alá polo ano 1993 no baixo dunha carpintería, da man do músico autodidacta MANUEL SEIJO. Logo aprendeunos a tocala gaita, e co paso do tempo decidimos formar un grupo, que naceu no ano 1995 chamado: "OS TREVILLAS".





OS TRAXES

Comezamos a tocar vestidos de paisanos con chaleco, vaqueiros e boina, e foi precisamente pola nosa vestimenta de onde xurdiu o noso nome: "OS TREVILLAS" (pola trevilla do chaleco). Logo trocamos a vestimenta por un traxe típico galego, motivo en parte, por colaborar cá sección de baile galego do GRUPO XUVENIL DE AS PONTES. O GRUPO DE OS TREVILLAS O grupo actualmente está formado por seis compoñentes: Bieito Rivas (tamboríl), Xosé Fresco (acordeón), Xosé Sanjurjo, Francisco Castro, Xosé Guerreiro (gaitas), e Filgueiras "O Pulga" (Bombo).





A NOSA MÚSICA

O noso primeiro disco presentámolo o día 22 de outubro do 2005 no Cine Alovi de As Pontes, chámase DALLE DALLE, está feito de pezas tradicionais galegas, e tamén incluimos nel, unha canción que nos aprendeu o sacristán de As Neves.